lunes, 6 de abril de 2020

VOlTAREMOS VERNOS, NOUTRO MOMENTO


Non podíamos rematar o trimestre sen celebralo dun xeito especial.

Esta vez, foi totalmente distinto a outros anos, está claro que non nos esqueceremos deste fin de  trimestre do ano 2020.
Posiblemente, festexaríamolo no cole con larpeiradas (que tanto nos gustan), viviríamos a emoción que sentimos cando vos entrego as notas, bailaríamos esas cancións que vos encantan e falaríamos dos nosos plans para a Semana Santa.

Dende logo, que non foi así. Pero espero, que de todos modos sintades por un momento que estamos xuntos.
 Dicen que "unha imaxe vale máis que mil palabras", pois aquí vos deixo as nosas mellores imaxes.

                  Unha aperta xigante, parabéns a todas e todos polas vosas notas, estou moi orguiosa, o voso esforzo vese reflexado, e neste tempo de confinamento seguides traballando e aprendendo.

        

        Preme na imaxe 👉 

                         Sodes moi grandes, pronto volveremos a vernos



Agora nestes días toca descansar, lembrade que na web do cole tedes un enlace "libros en tempos revoltos", probade a buscar algún libro que de seguro será un bo aliado para viaxar😊. 
       
                  Accede á páxina web do cole, premendo na imaxe👉


                          


No hay comentarios:

Publicar un comentario