María, e o seu irmán, aproveitan para pasar o rato xuntos, e ademáis fan deporte usando o seu inxenio.
Moi ben María, tomaremos nota.
Abel e o seu irmán Iago (de 4º)tamén aproveitan para cociñar e pintar xuntos.
Esta corentena está deixando saír moito inxenio e creatividade.
Grazas familia, por querer compartilo con todos nós
E seguimos sumando momentos, momentos que sen dúbida quedarán grabados nas nosas retinas.
Todas e todos lembraremos a Semana Santa deste 2020.
Ángel aproveitou e axudou a facer unhas roscas de Pascua, que pola pinta debían estar boísimas, Que opinades?


Adri, aproveitou estes días para facer manualidades co seu irmán Raúl (de 3º), aprendeu a saltar á comba e ata traballou tódolos días un pouquiño.



Ademáis, como amósanos a rosca de Pascua e o ovo que lle fixeron chegar os seus padriños😍
Javi, tamén sacou a súa faceta de artista e cociñeiro, ademáis tamén arrimou o ombreiro e carretilla en man púxose a traballar👍👏


No hay comentarios:
Publicar un comentario