Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas

viernes, 29 de mayo de 2020

Ilustramos "As Pitas baixo a choiva"

As e os nosas/os artistas puxéronse a crear, como grandes artistas que son.
Así son as ilustracións deste conto do homenaxeado Ricardo Carvalho Calero " As pitas baixo a choiva"


martes, 12 de mayo de 2020

AS PITAS BAIXO A CHOIVA

Deixovos aquí o relato orixinal de Ricardo Carvalho Calero en formato “Conto”, de balde e cedido por Ed. Embora. Premede na imaxe e desfrutádeo. Agardo as vosas ilustracións.



E se queredes desfrutar dunha serie de cancións que conforman a posta en escena deste conto, premede no enlace





domingo, 10 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020. RICARDO CARBALLO CALERO

A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.
A proposta de celebrar ese Día foi formulada por tres membros da Real Academia Galega, Manuel Gómez, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego.
A primeira escritora homenaxeada, no ano 1963, foi a mesma Rosalía de Castro seguíndolle en anos posteriores: Alfonso Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añón, Curros Enríquez, López Cuevillas...
A Real Academia Galega celebrou o pasado 2006 os seus cen primeiros anos de historia.

Fontenla Leal e Manuel Curros Enríquez, dende Habana, deron os primeiros pasos para a creación dun organismo que loitara pola lingua e a cultura galega e así, un 30 de setembro de 1906 celebrouse no salón de actos da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos da Coruña a constitución e primeira reunión da Real Academia Galega.



A primeira sede foi no Pazo Municipal de A Coruña, pasando posteriormente a un edificio da Rúa Tabernas, propiedade dunha das académicas, a condesa de Pardo Bazán.



O seu primeiro presidente foi Manuel Murguía, marido de Rosalía de Castro.

Este ano o homenaxeado é Ricardo Carballo Calero,escritor, filólogo e lingüísta naceu na cidade de Ferrol o 30 de outubro de 1910. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, da Real Academia Galega, da Associaçom Galega da Lingua... e primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Do seu traballo literario cómpre destacar a súa extensa obra de poesía, novela, teatro así como no campo da crítica literaria e no da lingüística galega. Carvalho Calero está considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico galego, que defende que o noso idioma é unha variante da lingua portuguesa. 
Faleceu en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990.

Imos coñecer un pouco máis sobre a súa figura

Preme na imaxe👇
Atréveste agora a resolver o misterio da casa de Ricardo? Adiante 👍  

        Preme na imaxe👇


                                                                                                
Por último, imos ver se es quen de conguir o Diploma da Letras Galegas, pon a  proba os teus coñecementos.
Preme na imaxe👇