martes, 14 de abril de 2020

De volta ao traballo

Ola miñas e meus nenas e nenos!!!

Aquí estamos de novo para pornos ao día, que vos parece se comezamos a semana contando cousas?


Imaxinádevos que estamos na clase á volta das vacacións de Semana Santa, na nosa asamblea, contando todo aquelo que fixemos nestes días. 

     Hoxe comezo eu, parécevos?



 Esta semana Santa do ano 2020, dende logo que foi totalmente diferente ao que eu nunca me puiden imaxinar.
Por mor dun virus, tivemos que quedar na casa, non houbo viaxes, nin paseos, nin visitas á familia, nin autocaravana...

Foi moi atípico sí, pero aprendín a valorar os momentos que puiden vivir coa miña familia:
disfrutar dun divertido xogo de mesa, disfrutar traballando no xardín en equipo e ata plantando patacas, disfrutar dunha videochamada aos meus pais tódolos días e saber que están ben, disfrutar dunha conversa telefónica cos meus amigos, disfrutar cos meus veciños o momento dos aplausos ás 8 da tarde e compartir un ratiño de charla de como foi o día...
En fin, disfrutar do verdadeiramente importante da vida, o cariño da xente que nos rodea, da natureza, do marabilloso que resulta compartir momentos.

Tamén tiven moito tempo de pensar, pensar en como será a volta ao cole, estranar as charlas na sala de profes cos meus compañeiros, estranar os momentos que compartíamos na clase, estranar ese saúdo tódalas mañás cando entrábades pola porta do cole dándonos os bos días.


Eu ansío volver facelo pronto, e penso en todos vós cada día.



Quen se anima a contar a súa semana Santa especial? Queres compartilo con nós?

No hay comentarios:

Publicar un comentario