Mostrando entradas con la etiqueta O verme Pepito. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O verme Pepito. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de abril de 2020

Gañadora do concurso de Pepito

Xa temos acertante para o concurso do noso verme Pepito, sabedes quen foi a compañeira que acertou?

  Vouvos dar unhas pistas:


  • É unha nena 😂😂, claro! se é unha gañadora......
  • É a benxamina da clase.
  • É moi simpática.

A ver se adiviñades quen pode ser....

           Mañá antes das 4 da tarde publicarei o video que demostra que acertou tódalas preguntas.

                 Descubre quen foi? e anímate a participar tí tamén 😃


E a gañadora é:  






Parabéns María 😉


    


martes, 14 de abril de 2020

Como estará Pepito?



  A que ningún de vós se lembrou do noso Pepito? Como estará o noso querido verme? Terá fame?, con este lío o pobre quedou no cole agardando por nós.

Imos facer unha cousiña, que vos parece se intentamos lembrar a cantos números xa se comeu?, cales son as familias que xa están no seu longo corpo? e imos ir máis aló, que familias lle quedan por comer? Contádemo a ver quen é o que acerta, os acertantes publicareinos no blog.


Outra cousa que imos facer para lembrar esas familias de números é a seguinte:

 Imos escoller un número de cada familia das que xa se comeu Pepito e imos facer esta tarefa, xa sabemos como vai porque xa a temos feito na clase, lembrade, se non podemos imprimir facémola nunha libreta ou nun folio, imos campionas e campións.
Deixovola en formato pdf na entrada de Algunhas propostas de repaso, por si queredes imprimila👍

        ORGUIOSA SEMPRE DE VÓS😍