viernes, 29 de mayo de 2020

Ilustramos "As Pitas baixo a choiva"

As e os nosas/os artistas puxéronse a crear, como grandes artistas que son.
Así son as ilustracións deste conto do homenaxeado Ricardo Carvalho Calero " As pitas baixo a choiva"


martes, 26 de mayo de 2020

A festa dos maios en Redondela


Os Maios” é unha celebración popular que se fai nalgunhas zonas de Galicia dende moi antigo, para conmemorar a chegada da primavera e o remate do cru inverno, e propiciar deste xeito a obtención de boas colleitas.
Forma parte do chamado “Ciclo do Maio”, época de exaltación da natureza, da floración das plantas e da aparición dos primeiros froitos.
Os Maios”, son estruturas de madeira cubertas con elementos naturais como brión, flores silvestres, ovos, paus ou froitas.
En Redondela celébrase cada 1 de maio esta festa popular e este ano quedámonos sen poder disfrutala.
María, Mara,Manuel, Xoel, Ángela, Javi, Abel,Leo, Adri, Ángel, Lucas e Pedro cóntannos como se vive esta festa popular e dan a coñecela, dende o punto de vista d@s nen@s de 1º, do cole de Cedeira.
Manuel
Adrián

Ángela
Abel
María

Javi
Leo

Lucas
Xoel


Ángel
Pedro




Deserto

Van chegando as primeiras creaccións. Estes dias estamos vendo as características do Deserto, como é  a paisaxe, qué animais poden vivir alí e a vexetación que podemos atopar.
Cada un plasmou os seus coñecementos nun debuxo, e os resultados son coma sempre ESPECTACULARES!.
Dende logo que estes nenos son uns artistas👌









lunes, 25 de mayo de 2020

A auga na natureza

Ao longo do curso, estivemos traballando e falando sobre a auga e da importancia que ten para tódolos seres vivos.
Como ben sabedes, ao noso planeta coñécese como o Planeta Azul, recibe este nome porque nas imaxes que se captaron dende o espacio o color azul é o que predomina.
Esa cor azul dalla os mares, océanos e  a atmosfera que envolve ao noso planeta.

Agora imos tentar recoñecer os sitios onde podemos atopar auga na natureza e as súas características.



Río Maceiras
Ríos

Río Alvedosa
Son correntes de auga que van desembocar ao mar a outro río ou a un lago.







Río Pexegueiro



Mares
Son grandes masas de auga salgada que cubren a maior parte da superficie da terra.
Praias de Redondela(Cesantes e Chapela), bañadas polo Océano Atlántico
desembocan o río Pexegueiro, Alvedosa e Maceiras.

Praia América, bañada polo Océano Atlántico, o río que desemboca nela é o
río Muíños

Lagos
Gran masa de auga estancada, sen movemento, que se sitúan en terreos fondos.
Lagos de Covadonga(Asturias)

Lago Castiñeiras




Mananciais
Os mananciais sonfontes naturais de auga, que brotan da terra ou entre as rocas.



Fervenzas
Unha fervenza é un gran salto de auga, en castelán coñecémola por catarata, cascada.
Fervenza da Toxa

domingo, 24 de mayo de 2020

Semana 25-29 de maio


Martes 26 de maio:

Matemáticas:
Traballamos a numeración, preme na ligazón👇




Xoves 28 de maio:


Valores: 
Imos ver se coñecemos como debemos actuar á hora de saír a pasear durante o estado de alarma.
                          Preme na ligazón👇 para acceder a ela.





domingo, 17 de mayo de 2020

Semana 18-22 de maio

Luns 18 de maio:


Matemáticas:
Detective de números 55, an interactive worksheet by primeroVP
liveworksheets.com

Lingua:



Sílabas fr e fl., an interactive worksheet by Lore_prof
liveworksheets.com



Martes 19 de maio:



A festa dos Maios, an interactive worksheet by MestraMariaJo
liveworksheets.com



Xoves 21 de maio:



Problemas 1º ficha 1, an interactive worksheet by susanansf
liveworksheets.com


Venres 22 de maio:



jueves, 14 de mayo de 2020

Hoxe cumpre anos...




Hoxe Claudia cumpre 7 anos, e non podemos deixalo pasar sen felicitala como se merece.
Moitos bicos e apertas virtuais😘😘😘, esperamos que teñas un día marabilloso e o desfrutes coma nunca.





Esto vai por ti



martes, 12 de mayo de 2020

AS PITAS BAIXO A CHOIVA

Deixovos aquí o relato orixinal de Ricardo Carvalho Calero en formato “Conto”, de balde e cedido por Ed. Embora. Premede na imaxe e desfrutádeo. Agardo as vosas ilustracións.



E se queredes desfrutar dunha serie de cancións que conforman a posta en escena deste conto, premede no enlace





domingo, 10 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020. RICARDO CARBALLO CALERO

A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.
A proposta de celebrar ese Día foi formulada por tres membros da Real Academia Galega, Manuel Gómez, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego.
A primeira escritora homenaxeada, no ano 1963, foi a mesma Rosalía de Castro seguíndolle en anos posteriores: Alfonso Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añón, Curros Enríquez, López Cuevillas...
A Real Academia Galega celebrou o pasado 2006 os seus cen primeiros anos de historia.

Fontenla Leal e Manuel Curros Enríquez, dende Habana, deron os primeiros pasos para a creación dun organismo que loitara pola lingua e a cultura galega e así, un 30 de setembro de 1906 celebrouse no salón de actos da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos da Coruña a constitución e primeira reunión da Real Academia Galega.



A primeira sede foi no Pazo Municipal de A Coruña, pasando posteriormente a un edificio da Rúa Tabernas, propiedade dunha das académicas, a condesa de Pardo Bazán.



O seu primeiro presidente foi Manuel Murguía, marido de Rosalía de Castro.

Este ano o homenaxeado é Ricardo Carballo Calero,escritor, filólogo e lingüísta naceu na cidade de Ferrol o 30 de outubro de 1910. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, da Real Academia Galega, da Associaçom Galega da Lingua... e primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Do seu traballo literario cómpre destacar a súa extensa obra de poesía, novela, teatro así como no campo da crítica literaria e no da lingüística galega. Carvalho Calero está considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico galego, que defende que o noso idioma é unha variante da lingua portuguesa. 
Faleceu en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990.

Imos coñecer un pouco máis sobre a súa figura

Preme na imaxe👇
Atréveste agora a resolver o misterio da casa de Ricardo? Adiante 👍  

        Preme na imaxe👇


                                                                                                
Por último, imos ver se es quen de conguir o Diploma da Letras Galegas, pon a  proba os teus coñecementos.
Preme na imaxe👇







sábado, 9 de mayo de 2020

Toca Calcular







Sumas y restas sin llevar, an interactive worksheet by ORTEGA
liveworksheets.com

Traballamos as trabadas


Traballamos as trabadas Bl- Br/ Pl-Pr/ Cl-Cr/ Gl_Gr








Sílabas trabadas bl- y br-, an interactive worksheet by victor
liveworksheets.com



jueves, 7 de mayo de 2020

Conciencia Fonolóxica

Hoxe imos traballar a conciencia fonolóxica: 

  1. ordeamos as palabras para formar oracións, fíxate que comezamos sempre por letra inicial maiúscula e rematamos con punto final 
  2. Identificamos a letra inicial de cada palabra.


Formar oraciones, an interactive worksheet by lurjimben
liveworksheets.com




martes, 5 de mayo de 2020

Cálculo mental

Imos facer cálculo mental, aquí tedes dúas fichas interactivas, ao rematar envíama ao correo.
Comezamos?

Cálculo mental, an interactive worksheet by Vega67
liveworksheets.com


domingo, 26 de abril de 2020

Gústanos Experimentar. Os estados da auga

Inauguramos a sección de experimentos, nesta semana propuxemos un experimento no cal poderemos coñecer os tres estados da auga, ademáis de coñecer o porqué destes cambios de estado.

Adri explícanolo cunha fotografía e ademáis tamén quixo contárnolo, e que ben o explica, non credes??

  Se queres escoitalo, preme na imaxe 👇





Pedro tamén nos fixo chegar o seu experimento e explícanolo moi ben. 
Parabéns Pedro





María, cóntanos neste vídeo como foi o seu experimento














miércoles, 22 de abril de 2020

DIA DO LIBRO

Hoxe celebramos o día do libro, os libros son os nosos grandes aliados.
Axúdannos cando estamos tristes, cando estamos contentos, cando queremos imaxinar, cando queremos viaxar, cando queremos coñecer novas cousas.....En fin, a vida non tería sentido sin eles.

Este ano ímolo celebrar dun xeito distinto, pero ímolo celebrar. 
Dende o cole queremos que recomendedes un libro, enviade unha foto co voso/s libro/s favorito/s , enviádea ao correo do cole. Eu tamén as irei compartindo no blog .



Deixovos unha mensaxe de alguén que todas e todos coñecedes

         
     Unha aperta xigante, e lembrade... Que vivan os libros!👏👏👏👏💗

Xoel, Abel e Mara ecoméndannos os seus libros favoritos









viernes, 17 de abril de 2020

Gañadora do concurso de Pepito

Xa temos acertante para o concurso do noso verme Pepito, sabedes quen foi a compañeira que acertou?

  Vouvos dar unhas pistas:


  • É unha nena 😂😂, claro! se é unha gañadora......
  • É a benxamina da clase.
  • É moi simpática.

A ver se adiviñades quen pode ser....

           Mañá antes das 4 da tarde publicarei o video que demostra que acertou tódalas preguntas.

                 Descubre quen foi? e anímate a participar tí tamén 😃


E a gañadora é:  






Parabéns María 😉


    


jueves, 16 de abril de 2020

Unha semana Santa especial

Xoel






Pedro


Manuel







                                           Adri cóntanos a súa Semana Santa especial

miércoles, 15 de abril de 2020

Estamos de celebración

HOXE ESTAMOS DE CELEBRACIÓN!!!!!!



O NOSO ADRI CUMPLE 7 ANOS E AINDA QUE NOS PILLE A TODAS E TODOS NAS NOSAS CASAS NON PODEMOS DEIXAR DE FESTEXALO, E DARLLE UN ACHUCHÓN VIRTUAL 😍😍😍😍😍




 ADRI ESPERO QUE PASES UN DÍA MARABILLOSO E PENSA QUE CADA UN DE NÓS ESTARÁ DESEXÁNDOCHE MOITÍSIMAS FELICIDADES.





VAI POR TI 




martes, 14 de abril de 2020

Como estará Pepito?



  A que ningún de vós se lembrou do noso Pepito? Como estará o noso querido verme? Terá fame?, con este lío o pobre quedou no cole agardando por nós.

Imos facer unha cousiña, que vos parece se intentamos lembrar a cantos números xa se comeu?, cales son as familias que xa están no seu longo corpo? e imos ir máis aló, que familias lle quedan por comer? Contádemo a ver quen é o que acerta, os acertantes publicareinos no blog.


Outra cousa que imos facer para lembrar esas familias de números é a seguinte:

 Imos escoller un número de cada familia das que xa se comeu Pepito e imos facer esta tarefa, xa sabemos como vai porque xa a temos feito na clase, lembrade, se non podemos imprimir facémola nunha libreta ou nun folio, imos campionas e campións.
Deixovola en formato pdf na entrada de Algunhas propostas de repaso, por si queredes imprimila👍

        ORGUIOSA SEMPRE DE VÓS😍