domingo, 10 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020. RICARDO CARBALLO CALERO

A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.
A proposta de celebrar ese Día foi formulada por tres membros da Real Academia Galega, Manuel Gómez, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego.
A primeira escritora homenaxeada, no ano 1963, foi a mesma Rosalía de Castro seguíndolle en anos posteriores: Alfonso Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añón, Curros Enríquez, López Cuevillas...
A Real Academia Galega celebrou o pasado 2006 os seus cen primeiros anos de historia.

Fontenla Leal e Manuel Curros Enríquez, dende Habana, deron os primeiros pasos para a creación dun organismo que loitara pola lingua e a cultura galega e así, un 30 de setembro de 1906 celebrouse no salón de actos da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos da Coruña a constitución e primeira reunión da Real Academia Galega.



A primeira sede foi no Pazo Municipal de A Coruña, pasando posteriormente a un edificio da Rúa Tabernas, propiedade dunha das académicas, a condesa de Pardo Bazán.



O seu primeiro presidente foi Manuel Murguía, marido de Rosalía de Castro.

Este ano o homenaxeado é Ricardo Carballo Calero,escritor, filólogo e lingüísta naceu na cidade de Ferrol o 30 de outubro de 1910. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, da Real Academia Galega, da Associaçom Galega da Lingua... e primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Do seu traballo literario cómpre destacar a súa extensa obra de poesía, novela, teatro así como no campo da crítica literaria e no da lingüística galega. Carvalho Calero está considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico galego, que defende que o noso idioma é unha variante da lingua portuguesa. 
Faleceu en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990.

Imos coñecer un pouco máis sobre a súa figura

Preme na imaxe👇
Atréveste agora a resolver o misterio da casa de Ricardo? Adiante 👍  

        Preme na imaxe👇


                                                                                                
Por último, imos ver se es quen de conguir o Diploma da Letras Galegas, pon a  proba os teus coñecementos.
Preme na imaxe👇







No hay comentarios:

Publicar un comentario