domingo, 7 de junio de 2020

ITINERARIO LECTOR: "SOPA DE NADA"


Neste curso, o libro escollido no "Itinerario Lector" foi "SOPA DE NADA", seguindo a temática do noso proxecto anual de centro "Realimentaxe", adentrámonos nunha historia, que toma coma referencia o conto tradicional "Sopa de pedras".
Neste conto traballamos e reflexionamos sobre certos valores donde cobran vida a importancia de compartir, de non bularse de ninguén e sobre todo da astucia para sobrevivir da que gozan os seus protagonistas Xan Gato e María Raposa.
Ademáis, escoitamos e aprendemos novas palabras e expresións da nosa lingua, que nos transmiten sensacións novas. 

Darabuc (pseudónimo do autor Gonzalo García) e Rashin Kheiriyeh (Ilustradora) son os cociñeiros desta deliciosa Sopa de nada que a partir de agora os famentos lectores poderán ler e recomendar.





Os famentos lectores de primeiro decidiron alimentarse de novas palabras deste conto, deixándose levar polo seu significado, pola sua sonoridade ou por calquer outra motivación.
Así vai quedando a nosa choiva de palabras de "Sopa de Nada"



No hay comentarios:

Publicar un comentario