miércoles, 25 de marzo de 2020

Cofres de tesouros #euquedonacasa

Xa me chegan imaxes dalgún cofre do tesouro
Mara preparou o seu cofre, e cada día mete unha palabra ou frase de ánimo para tódalas persoas que poidan estar pasando pola enfermidade ou que teñan algún familiar ou ser querido nesta situación.
A empatía, é unha palabra que usamos moi a miúdo, e que agora debe ser o noso  sentimento, o noso motor.
Graciñas Mara polo teu cofre, seguro que garda palabras fermosísimas e cheas de sentimento.


No hay comentarios:

Publicar un comentario